Sobre o PEL / ePEL

[Entrada enviada por estudiantes do Master de Secundaria]
No 2001 nace o Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza, avaliación (MCERL), que establece un patrón europeo para medir o nivel de dominio (en comprensión, expresión, interacción, mediación… tanto escrita coma oral) dunha lingua. Ante esta situación, os docentes non entenderon como o MCERL podía serlles útil nas súas aulas e, debido á necesidade de atopar unha ferramenta de traballo concreta que, seguindo as liñas do MCERL, tivese unha aplicación directa na aula e se presentase de modo máis comprensible, nace así o Portfolio Europeo de Linguas (PEL).
O PEL é unha ferramenta de innovación en forma de carpeta, composta por documentos, cadros, preguntas, orientacións e exercicios para que o alumno reflexione sobre os seus coñecementos de lingua. O Portfolio pretende a autoaprendizaxe e a autoavaliación, onde o máis importante é aprender a aprender. Deste xeito, esta ferramenta está creada para sensibilizar ó alumno respecto á realidade plurilingüe e pluricultural na que vive.
En Galicia, esta proposta implantouse nos diferentes niveis educativos, desde infantil ata o ensino de adultos. Así, contamos con 4 modelos de carpetas segundo a idade: PEL de infantil (de 3 a 7 anos), PEL de primaria (de 8 a 12 anos), PEL de secundaria (de 12 a 18 anos), e por último o PEL de adultos (de 16 anos ou máis). E podemos tamén atopalas nas dúas linguas oficiais da nosa comunidade. Pero esta non é a única versión do PEL, pois temos á nosa disposición unha versión dixital (para maiores de 14 anos).
O PEL ten dúas funcións principais: a informativa (para amosar as competencias que cada quen ten nas diferentes linguas) e a didáctica, que está relacionada co feito de que o Portfolio nos axude a consolidar os coñecementos que temos nunha lingua e a continuar aprendendo.
A utilización do Portfolio para cada unha destas funcións é bastante diferente. En primeiro lugar, a función informativa podería relacionarse máis coa carreira profesional, xa que, aínda que en España non existe tradición para a súa utilización, a idea sería que co teu PEL persoal puideses demostrar as túas competencias en diferentes idiomas, aínda que non teñas un certificado que os acredite.
En segundo lugar estaría a súa función didáctica, é dicir, a utilidade que pode ter para a súa aplicación nas aulas. O PEL aporta unha serie de aspectos innovadores en comparación co modelo de aprendizaxe tradicional que se incorporan nas aulas a través das diferentes actividades realizadas. As innovacións máis relevantes serían o fomento da autonomía da aprendizaxe, a atención á diversidade, a interdisciplinariedade, os valores de respecto, tolerancia e aceptación dos demais e a aprendizaxe de linguas ó longo da vida.
Unha vez presentado este material propio da aprendizaxe de idiomas, gustaríanos sinalar a conveniencia de que as persoas interesadas e relacionadas co tema das linguas descubran as vantaxes e inconvenientes que pode ter para o seu traballo e/ou desenvolvemento persoal. Para isto existe unha ferramenta moi útil que é un ePEL a disposición de todos os usuarios na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Animámosvos a todos a acceder a dita páxina web e comezar a traballar sobre o voso propio Portfolio.
E unhas preguntiñas para rematar:
- Cal é a vosa opinión sobre a idea que pretende promover o Portfolio?
- Cal das dúas opcións de Portfolio (papel ou dixital) vos parece máis cómoda?
- Credes que debería utilizarse nas aulas por todo o profesorado de linguas?
- Hoxe en día a relación do Portfolio co mundo laboral non está moi estendida… credes que nun futuro podería comezar a utilizarse como complemento dun Curriculum Vitae?
Marzo 17th, 2012 at 11:55
Me parece que la idea que promueve el Portfolio es la de que no hace falta un papel para tener un nivel en cualquier lengua sino ser conscientes de las capacidades que posee cada uno y entroncar esto con el multilingüismo por competencias.
Como ya se ha comentado en otras ocasiones, el Portafolio sería una herramienta abocada al fracaso si no fuese por su versión digital, y es que unido a su voluminoso aspecto en papel y a las “facilidades” que la administración ofrece para su adquisición, está el poco uso que se le da en el aula. Es cierto que resulta excelente para la autoevaluación y la autoestima personal el descubrir las habilidades de cada uno, además de que permite recoger el proceso de trabajo autónomo y la meta final a la que se llega. Sin embargo, la dificultad de su implantación radica en la no cooperación entre el profesorado de lenguas.
En cuanto a su relación con el mundo laboral, creo que sí es interesante el uso del Portfolio a la hora de optar a un trabajo, pero no veo que se vaya a consolidar en este ámbito ya que lo único a lo que te puede ayudar es a que posteriormente te hagan una prueba para saber si de verdad tienes el nivel que dices tener. También es verdad que aunque se presente un papel acreditando un nivel de lengua puede que la falta de uso haya mermado la competencia del individuo en cuestión en este aspecto, pero las pruebas y certificados son inevitables.
Marzo 17th, 2012 at 12:04
O problema que o PEL presenta é que o seu valor como ferramenta “didáctica” (lin arriba ferramenta de innovación… ferramenta de innovación en que?) ou profesional só podería probarse a través dun uso regular e estendido, cousa que non se está producindo. A escasa permeabilidade aínda deste recurso en España obedece a distintas cuestións, pero sobre todo á que como non se trata dun elemento curricular ou de obrigada presentación para as ofertas de traballo, a súa utilización queda en mans da vontade de cada quen, sexa para un uso persoal, sexa para as aulas. A parte, é verdade que existe formación e xornadas sobre as posibilidades do PEL no ensino, pero cómpre romper co mito de que se non temos formación non o podemos manexar: o PEL permite o traballo autónomo, está pensado e pautado para iso. Maior difusión e facilidades de acceso ao mesmo axudaría bastante a que o profesorado se achegase a el sen tantos reparos e a que as empresas o considerasen como unha forma posible de acreditar coñecementos.
As actitudes que promove o PEL para min dependen de como se use e de quen o use porque por máis que estea feito pensando na diversidade e desde un enfoque plural, coma calquera medio, por moi innovador que sexa, pode ser empregado de xeito moi tradicional. Entre o papel e a versión dixital non creo que haxa moita diferencia de uso, exceptuando o feito de que as versións en formato papel parece que non son moi doadas de conseguir segundo os lugares. Quizais o acceso ao PEL dixital debera ser unha vantaxe, pero o feito de que non estea completo non axuda, sobre todo porque na franxa etárea que abrague a educación primaria e o primeiro ciclo da ESO hai bastantes experiencias con el.
Marzo 17th, 2012 at 13:58
Opino que o PEL é unha ferramenta moi importante á hora de que cada alumno se autoavalíe e sexa consciente das destrezas lingüísticas que posee nas distintas linguas que coñece ou cales deberían ser máis traballadas, mais a súa implementación nas aulas non acabo de vela. Creo que os docentes deberían ter a obriga de dalo a coñecer pero que debería ser o alumnado o que se preocupe por reflexionar sobre os aspectos que se teñen que cubrir no pasaporte dixital.
Hai moitas maneiras de traballar o plurilingüismo sen ser mediante o PEL, que ademais como xa foi apuntado, en soporte papel é moi volumninoso e incómodo de manexar para os alumnos. Ademáis, a fenda dixital non está superada en todos os centros educativos e tamén sería moi dificil traballar co PEL dixital nas aulas.
Por último, en canto a extensión do uso do PEL como complemento do Curriculum Vitae, debo dicir que o vexo complicado xa que na nosa sociedade só se valoran os títulos que posúas e non as habilidades. Como se apuntou no primeiro comentario, ter un título non quere dicir nada en moitas ocasións pero así funciona a nosa sociedade.
Recoñezo que igual sou demasiado escéptica con esta ferramenta do MCER.
Marzo 17th, 2012 at 20:01
En mi opinión, el Portfolio puede convertirse en una herramienta muy útil, por una parte como una forma de hacer presente en las aulas, y para los propios hablantes, el plurilingüísmo, y por otra, precisamente por su intención de que el propio usuario de lenguas realice un análisis que lo lleve a ser consciente y valorar las diferentes lengua que conoce, y a qué diferentes niveles.
Por lo que respecta a su formato, ambos se pueden explotar dependiendo de la utilidad que se busque o el contexto en el que se emplee. Por ejemplo, en el aula creo que puede resultar mucho más interesante su empleo en papel, puesto que esto permitirá que los alumnos incluyan en el él no sólo sus propios trabajos, reflexiones, si no incluso recortes de periódicos con los que hayan trabajado, textos que hayan leído… mientras que en formato electrónico quizás sea más útil, por ejemplo, para los adultos, que pueden enfocar su uso más como un complemento del CV.
En este sentido, no son pocas las convocatorias a nivel europeo que solicitan el Pasaporte Europeo como parte de sus procesos de selección.
En cuanto a su uso real en el aula, algo a lo que también se refería no sólo la entrada sino también alguno de los comentarios anteriores, yo también era algo escéptica cuando empecé a oír hablar del portfolio. Está claro que su empleo en el contexto académico, como sucede con muchas otras “innovaciones”, dependerá casi totalmente de la forma que tenga el propio docente de abordarlo y que, probablemente, no todas las experiencias actuales estén obteniendo resultados todo lo positivos que cabría esperar pero, como aportación personal, me gustaría recomendar el siguiente trabajo, donde Ignacio Palacios da algunas claves precisamente para su empleo en el aula:
-Palacios, Ignacio (2008): “O portfolio europeo das linguas. Reflexións e ideas para a súa posta en práctica na aula”, en T. Díaz, I. Mas e L. Zas, Integración lingüística e inmigración, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, p. 117-136.
Marzo 18th, 2012 at 16:44
Personalmente no acabo de ver la funcionalidad del PEL y comparto la opinión de EAT. Quizás pueda ser una herramienta útil para el alumnado que quiera ponerla en práctica de forma individual para ser consciente de sus propias habilidades lingüísticas pero, en lo que se refiere a su uso escolar, es poco práctico, especialmente si han de utilizar el formato impreso (porque contar con que todos los centros tienen los medios necesarios para usar el digital sería mucho suponer). En cuanto a su posible uso como complemento del CV, me parece una buena idea aunque bastante díficil de aplicar dada la gran importancia que tienen los títulos para acreditar tu nivel de una lengua hoy en día.
Marzo 19th, 2012 at 21:46
O PEL paréceme unha ferramenta moi útil para rexistrar de forma guiada e sistemática todas as experiencias lingüísticas e culturais significativas que un vai adquirindo ao longo do seu proceso de aprendizaxe, pero, sobre todo, gústame a iniciativa porque supón unha alternativa aos tradicionais sistemas de avaliación. Non obstante, ao non ser un documento obrigatorio, poucos son os profesores que se adican a traballar con el xa que esixe de gran esforzo e labor á hora de planificar tódalas as actividades que nel se recollen, e xa se sabe o que pasa con todo aquilo que supoña un traballo extra para os docentes. Por iso, creo que debería regularse o seu uso, pois nesta realidade plurilingüe e pluricultural na que vivimos, creo que o portfolio sería unha canle moi favorable para sensibilizar ao alumnado coa situación. No que se refire ao seu uso na aula, debido ao limitado acceso as TIC’s que presentan a maior parte dos centros escolares hoxe en día, creo que para que sexa un documento ao alcance de todos se debería de traballar en formato papel, ademais de que traballar con materias reais e tanxibles podería ser máis ameno e motivador para o alumnado.
En canto ao ámbito laboral, opino que se debería promover a súa validez. Por exemplo, se imos buscar traballo ao estranxeiro ademais de certificar que temos un nivel B1 en inglés, un C2 en francés, etc. poder dicir ademais o que podemos facer coas linguas, é dicir, que se teña en conta non só aquelas cousas que estean certificadas. Sen embargo, para que o portfolio pase a ser un complemento máis do Curriculum Vitae terán que cambiar moito as cousas, pois como ben se dixo nun dos comentarios anteriores, vivimos nunha sociedade de “titulitis” na que os méritos académicos e profesionais só se valoran a través de documentos certificados, documentos que paradoxalmente moitas veces non acreditan nada, pois por exemplo, poño o caso hipotético de que teño un documento que me acredita un nivel B2 de italiano, pero hoxe en día ese documento acredítame méritos ficticios, pois o nivel que teño de italiano xa non era o de hai anos e, por outra banda pasei varios meses traballando en Francia e teño un dominio bastante bo de francés, pero ningún documento que mo acredite, entón ¿ata que punto se debe ter en conta o certificado?, e ¿ata que punto se deben de desbotar experiencias como as que se recollen no portfolio á hora de valorar os méritos de cada un? Deberiamos chegar a punto equilibrado, pois tamén existe o que se chama a universidade da vida e que moitas veces te curte máis que a institución propia.
Marzo 20th, 2012 at 15:26
Desde mi punto de vista el PEL es un gran acierto. No es solamente (que ya es mucho) una herramienta que permite la gestión , la reflexión y el análisis de nuestras experiencias de aprendizaje en relación con las lenguas de nuestro repertorio lingüístico. Es además, un paso de gigante en la autoevaluación . Ser capaz de autoevaluarse, o adquirir la “competencia” , digamos, de autoevaluarse es algo fundamental para avanzar en el conocimiento de las lenguas. Más aún, permite al que la posee, el poder aprender y desenvolverse fuera de la escuela y durante toda su vida.
Por lo tanto, claro que pienso que debería ser usada esta herramienta en las aulas y por todo el profesorado de lenguas. Me parece más cómoda la opción digital por la velocidad y capacidad para almacenar y archivar información (por ejemplo escritos, grabaciones de audio y/o de vídeo utilizados y/o realizados en el proceso de aprendizaje y que se quieran incoporar a un dossier). ¿Por qué no pensar en usar el PEL a la hora de buscar un trabajo si no es más que una situación en la que una persona puede o debe acreditar sus capacidades lingüísticas? Es más, parece lo ideal teniendo en cuenta la naturaleza del PEL. Puede dar muchísima información interesante de los aspirantes: dominio de las actividades de comunicación, certificaciones, experiencias lingüísticas, esfuerzo, métodos de aprendizaje, planificación…
Marzo 20th, 2012 at 22:47
Eu opino que o PEL posúe tantas vantaxes coma desvantaxes: se ben é certo que unha ferramenta para autoavaliarse sempre debe ser ben recibida, xa que fomenta a autonomía do alumnado, o certo é que non semella moi motivadora. Ademais, todos sabemos que a meirande parte dos docentes non celebra ningún tipo de traballo extra, e sobre todo se non está lexislado. Deixar a súa utilización en mans da vontade de cada un quizais non sexa a mellor solución para que se implemente de xeito efectivo e real. En canto ao formato, mentres que o físico permite evitar a fenda dixital tan vixente aínda hoxe en día, tamén é certo que constitúe un peso a maiores nas mochilas d@s alumn@s.
Marzo 21st, 2012 at 10:27
Eu, de verdade que ainda despois das exposicións da clase, dos comentarios do profesorado ao respecto e desta entrada, sigo sen ver cal é a gran innovación do portfolio. Que o hai nunha web? Para min a gran dificultade do portfolio é que cumpre continuidade e estabilidade para ser explotado e iso é difícil de conseguir tendo en conta que a estruturación do ensino e do currículo non obriga (nin facilita en moitos casos) a traballar conxuntamente. Tamén penso que, aínda que o ideal fose traballar o portfolio para varias LE, tamén tería a súa utilidade facelo cunha soa, que probabelmente actuase de punto de partida para máis adiante incorporar outras. É máis, eu penso que as iniciativas que fomenten a reflexión autónoma da aprendizaxe debe estenderse a todas as materias e a todos os procesos de ensino-aprendizaxe. Sermos conscientes dos avances que damos e de cales son os nosos puntos fracos e fortes é fundamental para unha aprendizaxe consciente. E iso é positivo para linguas, para historia, para bioloxía… chamémoslle portfolio, caderno, diario de sesións, blogue… penso que as posibilidades son múltiples e que o que cómpre é a consciencia da necesidade e as ganas de facer.
Marzo 21st, 2012 at 11:20
El Portfolio pretende fomentar principalmente el respeto hacia otras lenguas y una idea de una Europa plurilingüe. Además promueve un tipo de aprendizaje autónomo y a lo largo de la vida. Yo personalmente prefiero el portfolio digital porque no hay que estar llevando la carpeta de un lado a otro y supongo que los alumnos también, la gente suele buscar la comodidad. Por otra parte y respondiendo a la tercera pregunta creo que puede ser un instrumento útil porque sobre todo impulsa el respeto hacia otras lenguas y además los alumnos pueden darse cuenta de aquello que saben o quieren saber por sí mismos (autoevaluación). Creo que la biografía y el dossier del PEL son las partes que se pueden utilizar en la didáctica de lenguas. Sin embargo, desde mi punto de vista, no va a prosperar la idea de utilizar el PEL para enseñar la competencia lingüística en el mundo laboral. Es más, creo que con el tiempo es muy probable tal y como muestran las estadísticas que este documento innovador pase al olvido. Debido a la carga lectiva y otras causas cada vez se utiliza menos por parte del profesorado y si éste no lo promueve está avocado a la desaparición. Es una pena que innovaciones como está puedan desaparecer debido principalmente a los recortes y la política que se está llevando a cabo en la educación por parte del gobierno. Es más, parece que muchas veces vamos hacia atrás en el tiempo en el mundo educativo.
Marzo 21st, 2012 at 16:35
Yo sinceramente dudo de la utilidad del PEL. Por una parte es una herramienta útil para los estudiantes, pues pueden autoevaluarse, descubrir sus puntos débiles, etc. El soporte en papel está condenado al fracaso, ya que es muy aparatoso. Si alguno tiene futuro, es el digital. Estoy de acuerdo con M. en cuanto a su utilidad a la hora de incluirlo en el CV, porque hoy en día los títulos oficiales gozan de importancia y un prestigio que el PEL no tiene y probablemente no tengan en cuenta el PEL o inlcuso se deba hacer una prueba de nivel.
Marzo 21st, 2012 at 16:44
Al igual que alguno de vosotros habéis apuntado, yo tampoco consigo ver la utilidad del Portfolio, si bien creo que la idea no es del todo mala. El promover el autoaprendizaje y la autoevaluación del alumnado de lenguas es una buena idea, pero ¿es para ello imprescindible la existencia de un Portfolio? La realidad nos indica que los profesores siempre se ven apremiados de tiempo en la docencia de sus materias, y si a esto añadimos la creación de un Portfolio, esto les restará tiempo, de modo que pocos van a estar dispuestos a llevarlo a cabo.
Ahora bien, si tuviera que escoger entre el Portfolio digital o en papel no me podría decantar por una en particular. El utilización del Portfolio digital implica el uso de las TIC, cosa que si estamos hablando de autoaprendizaje no implica que el alumno solamente haga uso de ello en el aula, sino como trabajo autónomo en su casa. Y esto presenta una pega -tal y como algunos profesores del máster han señalado- ya que muchos alumnos no disponen de ordenador en su casa y mucho menos de una conexión a internet. Por otro lado, el papel es una buena opción, pero los Portfolios pesan bastante y el uso indiscriminado de papel es antiecológico. Buscar un punto intermedio entre los dos sería una buena idea.
Con respecto a la pregunta que hacéis en vuestra entrada con referencia a la utilización en las aulas por parte del profesorado de lenguas ya he respondido a mi pregunta, en mi opinión no creo que los profesores estuvieran dispuestos a sabiendas que eso les va a llevar tiempo y siempre están bastante apurados en cuanto a los objetivos que tienen que cumplir en sus respectivas materias.
Ya por último me gustaría responder a la última pregunta que habéis propuesto sobre el Portfolio en el mundo labora. En ciertos ámbitos laborales éste si es utilizado, lo que no sé es si con el mismo uso pero sí con el mismo nombre. En el ámbito de los publicistas, creativos… cuando se entrega un curriculum para un puesto de trabajo, el curriculum es principalmente un Portfolio que contiene todos los trabajos que esa persona ha realizado anteriormente.
Marzo 22nd, 2012 at 15:03
Despois de ler esta entrada e os comentarios anteriores, cheguei a unha conclusión: a utilidade e a “innovación” do PEL dependerá, sobre todo, da formación dos profesores con respecto aos principios que tal documento expón. Porque se un docente non ten unha conciencia multilingüe e de valor da diversidade, o PEL nunca pode facer que se cumpran os propósitos que establece. Ademais, toda ferramenta empregada na aula funcionará ou non segundo o uso que profesores e alumnos fagan dela. E o mesmo sucede no ámbito non académico, sen ter presente o espírito “multicultural” e “plurilingüe” do que tanto levamos falado, o PEL non valerá de nada.
De todas formas, tamén penso que, en parte, o PEL pode axudar a tomar conciencia desa realidade facendo “visibles as linguas”. Aí si que lle vexo un punto forte, máis que na súa aplicación como CV. Porque ao facernos reflexionar sobre o que “sabemos facer” cos diferentes idiomas, estaremos, dalgunha maneira valorando as nosas capacidades plurilingües e poñendo en valor esa diversidade.
En definitiva, o PEL pode ser fin e camiño e de nós (como futuros docentes e como cidadáns sociais) dependerá que o resultado sexa ou non satisfactorio.
Marzo 22nd, 2012 at 18:58
Sinceramente descoñezo por completo a posta en práctica do PEL e por iso pode ser que sexa tan susceptible da súa positiva utilidade. Primeiramente vexo que supón un gran esforzo, tempo e traballo por parte do profesorado e segundamente, non considero que o alumnado sexa o suficientemente consciente da posibilidade que o PEL lle pode aportar.
A simple vista parece unha idea xenial a de ir formando un currículum de linguas de tal maneira que un mesmo se poida decatar do que está facendo ben ou mal ou nada máis que do que está acadando. Pero non existen outras formas de decatarse diso? Non hai máis maneiras de demostrar o que un coñece ou descoñece do que sabe, do que fai ou do que coñece?
En resumo, acepto todo tipo de innovación, pero teño que ver polos meus propios ollos o bo funcionamento dun novo proxecto para facer uso del. Son bastante escéptica nese sentido e sei que non todos podemos facer iso porque senón cada novidade se quedaría en nada.
Marzo 22nd, 2012 at 23:32
La realización del portafolio puede mejorar la visión que un aprendiz de las lenguas tiene de ellas y del propio proceso de aprendizaje de éstas. En ese sentido creo que es útil si se completa correctamente. Creo que para los niños la mejor opción es realizar un portafolio en papel mientras que para los adultos es más cómodo el formato digital. Un punto que creo que es importante es que un portafolio útil es un portafolio hecho con motivación e interés, ya que si es una actividad impuesta no podrá provocar el ejercicio de autoreflexión que se quiere obtener de él. Mucha gente concibe el portafolio como una herramienta infantil y piensan en él como una mera carpeta donde guardar una especie de diario de las lenguas o un compendio de ejercicios. Sin embargo, el portafolio tiene mucho más que ofrecer y puede elaborarse de manera que el producto final sea una recopilación de información necesaria y útil. También sería una buena idea utilizar el portafolio como una herramienta complementaria al curriculum vitae, ya que puede ofrecer mucha más información. Dicho esto, no le daría tanta importancia al fomento de “aprender a aprender” como a la autoevaluación, ya que para lo primero son necesarias una serie de pautas, estrategias y actitudes que deben ser fomentadas por el profesor.
Marzo 23rd, 2012 at 16:50
No que a aplicación nas aulas se refiere, paréceme que o Portfolio Europeo das Linguas non se pode levar a cabo se os profesores das distintas materias lingüísticas non se coordinan (cousas sempre harto complicada, polo que parece). Non serve de nada que os alumnos fagan o portfolio na clase francés, se so van a poder incluir as súas competencias nesa lingua. Trátase dun proxecto a grande escala, para todos e con tódalas nosas linguas, que como ben din as nosas compañeiras, pretende “sensibilizar sobre a realidade plurilingüe”. Se non se fala de linguas en plural, non ten sentido.
Con todo, considero que facer que o seu uso se faga xeralizado é un traballo que non é nada doado. Haberá moitos que so contemplen as linguas en tanto teñan titulo que demostre que a coñecen, e non se comprenden os textos excritos nalgunha que non tiveran estudiado, por exemplo. E non falo xa dos estudantes, senon dos que realizan un curriculum para incorporarse ao mercado laboral. Aposto que lles parecería ridiculo incluir cousas do estilo “sabe cinco palabras en chino”
Ah, prefiro a carpeta con anillas! Aínda que sexa para que os alumnos non aproveiten a mirar o facebook mentres…
Marzo 23rd, 2012 at 18:25
O PEL permite ao aprendiz o rexistro, a narración e a ilustración das súas competencias en linguas; é dicir, o que sabe facer coas mesmas, co fin de compartilas, comunicar estas competencias a terceiros, ou presentalas a modo de acreditación. Á súa vez, o mesmo aprendiz reflexiona sobre o propio proceso de aprendizaxe, sexa este formal ou informal, fomentando así a autoavaliación e a autonomía. Sen embargo, considero que, coma outra compañeira xa apuntaba, sería unha ferramenta útil non só nas áreas lingüísticas, senón en todas elas. Que o alumnado reflexione sobre os seus coñecementos, os seus logros e a súa evolución académica pode ser tamén algo motivador. E non cabe dúbida tampouco de que para fomentar unha reflexión positiva sobre a conciencia plurilingüe e intercultural, o primordial será tamén a formación do profesorado, a súa capacitación e o seu esforzo para traballar co portfolio na aula, algo que, ao non estar lexislado, se deixa bastante de lado.
No tocante aos soportes, parece evidente que o PEL en formato papel presenta certas limitacións como a dificultade de actualización e manipulación ou unha capacidade limitada de almacenamento. Pola contra, o formato electrónico permite o acceso o portfolio dende calquera parte do mundo, a súa modificación inmediata ou a súa consulta dun modo rápido e instantáneo con solo conectarse á rede. Pero quizais no ámbito educativo contariamos con certa dificultade para traballar con este soporte, xa que compre ter en conta que non todo o alumnado ten acceso a Internet nos seus fogares ou mesmo ás veces os centros educativos tampouco contan cos recursos necesarios.
Marzo 23rd, 2012 at 23:51
Penso que o portfolio ten as súas cousas boas e non tan boas. Por unha banda, paréceme que o portfolio supón unha ferramenta en favor das linguas, e o feito de que fomente a autonomía da aprendizaxe no alumnado paréceme moi significativo, pois penso que non se lle presta moita atención a iso nas aulas. Ademais, penso que é algo entretido e ó mesmo tempo interesante para os alumnos de primaria, pois aprenden valores á vez que se entreteñen. Sen embargo paréceme un elemento bastante infantil para a xente adulta, pois, tendo internet a man, penso que hoxe en día pódense facer birguerías e mesmo elaborar un mesmo o seu propio currículo. De todos modos, se tivera que elixir, quedaríame sen dúbida co portfolio electrónico, pois ofrece moitas máis posibilidades e pódese modificar con máis facilidade, aínda que quizais nos centros educativos a súa posta en práctica sexa un pouquiño máis difícil, en ocasións por mor da conexión a Internet ou a falta dela.
Marzo 24th, 2012 at 19:52
Personalmente la idea del porfolio en la teoría me parece estupenda, pero en cuanto a la práctica que se le da actualmente tengo serias dudas. Es cierto que si su puesta en marcha fuese tal y como la teoría dice, podríamos alcanzar buenísimos resultados, pero para ello creo que todos tendríamos que cambiar nuestra consideración acerca del tratamiento de las lenguas. En efecto me parece muy interesante la idea de un portfolio que demuestre nuestras competencias en una lengua, sin necesidad para ello de un título, pero sin embargo creo que todavía tenemos mucho camino que recorrer hasta conseguir sacarle provecho.
En cuanto a su aplicación en las aulas, no creo que sea fácil pero sí interesante para los alumnos que verían todos sus logros y avances en el aprendizaje de la lengua en cuestión.
En definitva, aunque me parezca una buena idea dudo bastante de su implantación a nivel global, aunque sí considero que ésta podría ser muy intereante.
Abril 23rd, 2012 at 16:50
Yo pienso que el portafolios es un instrumento importante a nivel personal. Te ayuda a fijar tus conocimientos y a profundizar en ellos. Llegas a darte cuenta de todo lo que has aprendido y de que tienes tus propios instrumentos para argumentar tus explicaciones. Consigues avanzar de una manera progresiva, ya que vas añadiendo información a tu portafolios y siempre puedes volver atrás para consultar dudas o refrescar ciertos aspectos. Lo bueno de ésto es que además eres consciente de ese proceso del que hablaba antes, ya que una vez lees lo que antes habías escrito, te das cuenta de que puedes añadir todavía más información.